COÑECE AIRIÑOS

Reproducir vídeo

A Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” nace no ano 1987 como unha sociedade sen ánimo de lucro, coa idea e o obxectivo de recuperar, aprender, transmitir e difundir a nosa música, canto e baile tradicional.

Na actualidade Airiños de Fene está formada por varias seccións e diversas escolas que traballan para manter con vida a música tradicional.

Airiños de Fene conta cun amplo historial de actuacións no ámbito nacional e internacional dende o seu nacemento. Así, levaron a súa música ao Festival Interceltique de Lorient , Festival Intercelticu d´Avilés , Folk Segovia, Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Intercéltico d´Occidente, Festival de Pardiñas, Festa da Carballeira en Zas ou Inauguración da Expo de Lisboa entre moitos outros.

QUE OFRECEMOS?

A nosa entidade dispón na actualidade de varias seccións e escolas.

As seccións están formadas por grupos de persoas de diferentes idades, que ofrecen espectáculos instrumentais, canto e baile. Estas son Tradicoro, Setestrelo, Xirifeiras, Xerfa e Cambadela.

As escolas que forman Airiños de Fene teñen o obxectivo fundamental de preservar e difundir a nosa música tradicional. Son variadas as escolas que se ofrecen: baile tradicional, cantareiras, coro, gaita, iniciación á música tradicional e percusión tradicional. 

Podedes cubrir o formulario da matrícula do curso 2023-24 no siguiente enlace, así como consultar os horarios das nosas escolas:

A nosa entidade dispón na actualidade de varias seccións e escolas.

As seccións están formadas por grupos de persoas de diferentes idades, que ofrecen espectáculos instrumentais, canto e baile. As forman agrupacións da sociedade como o Tradicoro, Setestrelo, Xirifeiras, Xerfa e Cambadela.

As escolas que forman Airiños de Fene teñen o obxectivo fundamental de preservar e difundir a nosa música tradicional. Son variadas as escolas que se ofrecen: baile tradicional, cantareiras, coro, gaita, iniciación á música tradicional e percusión tradicional. 

Podedes cubrir o formulario da matrícula do curso 2023-24 no siguiente enlace:

NOVAS AIRIÑOS DE FENE

FALAMOS?

Se es unha persoa que sente curiosidade pola música tradicional, contamos contigo. Podes contactar con Airiños de Fene a través das canles de contacto que mostramos a continuación. Para máis información de contacto preme no seguinte enlace:

Reproducir vídeo