ENCONTRO DE CANTAREIRAS
Por qué nace o Encontro de Cantareiras?
En Airiños de Fene temos moi claro que a nosa historia, a nosa identidade como pobo e a nosa cultura, mantivéronse ata a actualidade gracias ás nosas mulleres.
É por iso que aló polo ano 2012 decidímonos a renderlles a nosa humilde homenaxe organizando o I Encontro de Cantareiras co firme propósito de darlle continuidade no tempo e chegar polo menos ás mesmas edicións que a Xuntanza de Gaiteiros.
Son as Cantareiras o piar fundamental da nosa música tradicional e gracias a elas, que de maneira xenerosa e desinteresada abriron as portas dos seus fogares para ensinar todas aquelas cantigas aprendidas na súa mocidade , hoxe podemos presumir de ter un gran legado cultural e centos de grupos de cantareiras por todo o país que nos encargamos de manter vivo ese legado que elas nos cederon.
Queremos que o noso Encontro, sirva para dar a coñocer non só os grupos actuais que traballan pola nosa música e a nosa cultura, senón tamén para visibilizar a todas as mulleres que nos precederon e que tocaron antes que nos. Que sexa un lugar onde dar a coñecer a nosa riqueza musical e onde desfrutar do bo facer dos grupos que ano tras ano nos acompañan.
Dende aquí, agradecer a todas as pandereteiras que teñen pasado polo noso encontro e á ACDR Liga de Amigos de Barallobre pola súa colaboración e o seu apoio dende o primeiro momento no que nos decidimos a organizar este acto.
IX Encontro de Cantareiras
20 de Abril de 2024. Outro ano máis xuntámonos neste IX Encontro de Cantareiras para escoitar as voces e os instrumentos das nosas cantareiras, que traballan duro por manter a nosa tradición. Nesta edición contamos coa participación dos seguintes grupos de cantareiras: Xirifeiras, Xerfa, Escola de Cantareiras de Airiños de Fene e Cantareiras Barallocas (A.C. O Amanexo). Agradecer o C.C.R.D. de Perlío a súa colaboración cedendo o seu local para a celebración deste evento. Presentou esta edición Vicky García.
Histórico - Encontro de Cantareiras
ENCONTRO | DATA | LUGAR | PARTICIPANTES | PRESENTA | CARTEL |
---|---|---|---|---|---|
I Encontro de Cantareiras | 19/10/2013 | Liga de Amigos de Barallobre | Mestura, O Cinguideiro, Bolboretas e Xerfa | Pitusa Arias | I Encontro de Cantareiras |
II Encontro de Cantareiras | 11/10/2014 | Liga de Amigos de Barallobre | S.C. Airiños dos Carrís, Algarabía, Xirifeiras e Xerfa | Lidia Sanmartín | II Encontro de Cantareiras |
III Encontro de Cantareiras | 09/04/2016 | Liga de Amigos de Barallobre | Drizas de Dorneda, Riscadela, Xerfa e Xirifeiras. Tamén participaron as escolas infantís de Airiños de Fene. | Valentín García | III Encontro de Cantareiras |
IV Encontro de Cantareiras | 08/04/2017 | Liga de Amigos de Barallobre | Feiticeiras, Alxibeira, Xerfa e Xirifeiras. Tamén participaron as tres escolas de canto e baile de Airiños de Fene. | Valentín García | IV Encontro de Cantareiras |
V Encontro de Cantareiras | 14/04/2018 | Liga de Amigos de Barallobre | A.C. Aturuxeiras, Xerfa, Xirifeiras e escola de canto de Airños de Fene | Ana Santiago | V Encontro de Cantareiras |
VI Encontro de Cantareiras | 27/04/2019 | Liga de Amigos de Barallobre | A.C. Aturuxeiras, Xerfa, Xirifeiras e Trapeliñas | Ana Santiago | VI Encontro de Cantareiras |
VII Encontro de Cantareiras | 04/06/2022 | Liga de Amigos de Barallobre | A Meda, Xerfa, Xirifeiras e Trapeliñas | Vicky García | VII Encontro de Cantareiras |
VIII Encontro de Cantareiras | 03/06/2023 | Liga de Amigos de Barallobre | Xirifeiras, Xerfa, Trapeliñas, Marmuradoras e Buxainas | Vicky García | VIII Encontro de Cantareiras |
Histórico - Encontro de Cantareiras
Para obter máis información de todas as edicións do Encontro de Cantareiras preme no seguinte enlace: