Setestrelo, dirixida por Miguel Doval, é a sección encargada de poñer en escea os diferentes espectáculos musicais a través de concertos nos que ten moita importancia a parte visual. É unha formación que, baseada nas bandas de gaitas, actualizase cun gran set de percusión tanto de pel como de man empregando tamén instrumentos de cociña e labor. Incorporan as voces das cantareiras, conseguindo no seu concerto amosar unha mestura de sonoridade totalmente inédita na música tradicional.

En canto aos espectáculos no ano 2023, Setestrelo está a representar “ O Camiño”, primeiro e único espectáculo en Galicia baseado nos camiños de Santiago. Por medio da música, das imaxes e do teatro poderán viaxar polos distintos camiños de Santiago dende a súa butaca.

Reproducir vídeo
Reproducir vídeo