Cal é o obxectivo das nosas escolas?

As nosas escolas están pensadas para ensinarlle o mundo máxico do noso canto, o noso baile e a nosa música tradicional a todas aquelas persoas, grandes ou pequenas, que queiran aprender sobre nosa cultura tradicional.

Nelas traballamos para ensinarlle ao novo alumando todo o relacionado coa nosa música e a nosa cultura tradicional, ao mesmo tempo que imos mellorando a calidade artística das compoñentes das nosas distintas seccións.

Convidámosvos a que vos incorporedes ás nosas escolas, e que coñezades as diversas actividades que ofertamos, nas que pasar unhas horas amenas descubrindo e aprendendo sobre a nosa música, o noso baile ou o noso traxe tradicional. Este chamamento vai dirixido a todos e todas. Os únicos requisitos son: ter cumpridos os 3 anos e querer aprender e coñecer o noso canto, baile e música tradicional.

Escolas curso 2023-24

As nosas escolas, pensadas para todas as idades e niveis, son as seguintes:

  • Iniciación ao canto e baile (a partir de 3 anos)
  • Gaita
  • Percusión tradicional
  • Cantareiras
  • Baile tradicional
  • Coro

Matrícula escolas 2023-24

Abrimos plazo de matrícula a novos alumnos para as escolas do curso 2023-24!

Agradeceríamos que reenviedes este aviso a calquera persoa que lle poida interesar. Precisaremos que cubran o seguinte formulario ou que se poñan en contacto co teléfono indicado. Para calquera aclaración sobre as clases contactar co teléfono indicado.

Lembrade!Hai que cubrir un formulario por cada alumno.

Cartel escolas 23-24