QUEN SOMOS
A Banda de Gaitas Tradicional «Airiños de Fene” nace no ano 1987 e dende os seus inicios ten como obxectivo a recuperación, transmisión e difusión da nosa música, canto, baile e vestimenta tradicional.
Na actualidade “Airiños de Fene” esta composta polas seguintes seccións:
Nestes anos, levan percorrido infinidade de lugares dentro e fóra das nosas fronteiras amosando co seu traballo a nosa música tradicional e a importancia dos nosos antergos. Así, levaron a súa música ao Festival Interceltique de Lorient , Festival Intercelticu d´Avilés , Folk Segovia, Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Intercéltico d´Occidente, Festival de Pardiñas, Festa da Carballeira en Zas ou Inauguración da Expo de Lisboa entre moitos outros.
Traballan durante todo o ano organizando diversos actos e festivais nos que dar importancia á nosa cultura tradicional como a Xuntanza de Gaiteiros ou o Encontro de Cantareiras, coa intención de darlle visibilidade ás cantareiras nunha comarca, como é a de Ferrolterra, que garda poucas ou ningunha lembranza desas mulleres tan importantes na nosa cultura.