Cal é o obxectivo das nosas escolas?

As nosas escolas están pensadas para ensinarlle o mundo máxico do noso canto, o noso baile e a nosa música tradicional a todas aquelas persoas, grandes ou pequenas, que queiran aprender sobre nosa cultura tradicional.

Nelas traballamos para ensinarlle ao novo alumando todo o relacionado coa nosa música e a nosa cultura tradicional, ao mesmo tempo que imos mellorando a calidade artística das compoñentes das nosas distintas seccións.

Convidámosvos a que vos incorporedes ás nosas escolas, e que coñezades as diversas actividades que ofertamos, nas que pasar unhas horas amenas descubrindo e aprendendo sobre a nosa música, o noso baile ou o noso traxe tradicional. Este chamamento vai dirixido a todos e todas. Os únicos requisitos son: ter cumpridos os 3 anos e querer aprender e coñecer o noso canto, baile e música tradicional.

Escolas curso 2025-26

As nosas escolas, pensadas para todas as idades e niveis, son as seguintes:

  • Iniciación ao canto e baile (a partir de 3 anos)
  • Gaita
  • Percusión tradicional
  • Cantareiras
  • Baile tradicional

Matrícula escolas 2025-26

Abrimos período de matrícula para as escolas do curso 2025-26! Por favor, cubride o formulario seguinte cos vosos datos. Agradeceríamos que os que xa estivestes matriculados no pasado curso contestedes antes do próximo 15 de setembro.

Agradeceríamos que reenviedes este aviso a calquera persoa que lle poida interesar. Precisaremos que cubran o seguinte formulario ou que se poñan en contacto co teléfono ou email indicado. Para calquera aclaración sobre as clases non dudedes en contactar con nós.

Lembrade!Hai que cubrir un formulario por cada alumno.

matricula25_26