Eventos

Navegación de vistas

Navegación de vistas de Evento

Hoy
  • Airiños de Fene – Cabalgata Reis Magos

    C.C.R.D. Perlío Círculo Cultural Recreativo y Deportivo de Perlío, Perlío, A Coruña

    Participación da Banda de Gaitas Airiños de Fene acompañando as SSMM Os Reis Magos de Oriente na Cabalgata organizada polo Concello de Fene. A saída da Cabalgata nesta ocasión será dende o C.C.R.D. Perlío.

  • Xirifeiras – Marcha da muller

    Praza Amada García (Ferrol) Praza Amada García, Ferrol, A Coruña, España

    Colaboración das nosas Xirifeiras na marcha convocada polo movemento Marcha Mundial das Mulleres en  conmemoración do 8M. As Xirifeiras actuarán na Praza de Armas do Concello de Ferrol unha vez chegada a movilización de mulleres, que inician o seu percorrido ás 20.00h da Praza Amada García.

  • Tradicoro – Festival de Coros

    A.C.R.D. O Pote de Maniños Estrada da Palma, 241D, Maniños, A Coruña, España

    Actuación do Tradicoro o sábado 9 de marzo no local da Sociedade Recreativa e Cultural O Pote no Festival de Coros organizado por Airiños de Fene. Tamén actuarán o Coro Diapasón e a Coral Polifónica O Pote.

  • Banda de Gaitas Airiños de Fene – Outlet Fene

    Participación da Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene, acompañados polos nenos das nosas Escolas, percorrendo os diferentes locais que participan no Outlet de Fene organizado polo Concello.

  • Tradicoro – Día del Socio Coro San Andrés «Sergio Domingo»

    Teatro "El Entrego" (Asturias) Teatro Municipal de San Martín del Rey Aurelio, El Entrego, Asturias, España

    Actuación do Tradicoro, acompañando ó Coro San Andrés "Sergio Domingo",  o sábado 13 de abril no Teatro "El Entrego" en Asturias.  Celebración do Día do Socio organizado pola Asociación Cultural Coro San Andrés “Sergio Domingo”.

  • IX Encontro de Cantareiras

    C.C.R.D. Perlío Círculo Cultural Recreativo y Deportivo de Perlío, Perlío, A Coruña

    Achégase o IX Encontro de Cantareiras organizado, como cada ano, por Airiños de Fene. Este ano disfrutaremos das actuacións de Xirifeiras, Xerfa, Escolas de Cantareiras de Airiños de Fene e teremos como grupo invitado as Cantareiras Barallocas (A.C. O Amanexo).

  • IX Encontro de Lavandeiras Sillobre

    S.C.R.D. Agarimo de Sillobre S.C.R.D. Agarimo de Sillobre, Fene, A Coruña, España

    Como cada ano estamos encantados de colaborar coa nosa música tradicional no IX Encontro de Lavandeiras de Sillobre.

  • Algueirada miúda

    Alameda de Raxoi - Pontedeume Alameda de Pontedeume, Pontedeume, A Coruña, España

    Participación das nosas escolas na "Algueirada miúda" organizada por Airiños do Eume. Ademais das escolas de Airiños de Fene participarán os grupos Orballo e Airiños do Eume.

  • Tarde Solidaria

    Pavillón de Lavandeira Pavillón de Lavandeira, Cabañas, A Coruña, España

    Participación das escolas de Airiños de Fene nesta "Tarde Solidaria" onde se recaudarán fondos para a asociación AFAL Ferrolterra. Ademais de Airiños de Fene actuarán Alberto Bellón e a Rondalla de Cedeira.

  • Noite de San Xoán

    C.C.S. Sedes Local Social De Sedes, Narón, A Coruña, España

    Participación da Banda de Gaitas de Airiños de Fene nesta celebración organizada pola asociación veciñal "A.V. Rosa dos Ventos de Sedes". Xa a noitiña actuará tamén o grupo Folk "Encrucillada".