27 de agosto de 2023. Xornada completa para os membros de Airiños de Fene na veciña parroquia de Maniños. Pola mañá os máis pequenos da agrupación ofreceron unha pequena mostra do aprendido no curso pasado con música, canto e baile. Xa a tardiña Setestrelo fixo vibrar o público que encheu o «Festipote» co seu variado repertorio.
A continuación deixamos unha breve reportaxe fotográfica da actuación das nosas escolas.