15 de xuño de 2024. Participación solidaria da rapazada das escolas de Airiños de Fene colaborando coa asociación «AFAL Ferrolterra» para recadar fondos para mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e as súas familias. Grazas ás organizadoras «Cabanas Rural Asociación de Mulleres» por contar con nós para participar nesta fermosa iniciativa.